Jealsa
  • Vimeo
  • LinkedIn
  • inicio
  • nós
  • sustentabilidade
    • política de sustentabilidade
    • responsabilidade social corporativa
    • política de calidade
  • compliance
  • novas
  • únete ao equipo
  • contacto
  • Español
  • English
  • Menu

JEALSA

Jealsa é unha empresa familiar galega fundada en 1958 con sede central en Boiro (A Coruña – España), dedicada á fabricación e á comercialización de Conservas de Peixes e Mariscos. Nestes máis de 60 anos de historia foron moitos os logros atinxidos pola conserveira galega. Innovación, sustentabilidade e a aposta pola diversificación da empresa son os eixes principais sobre os que se asenta o crecemento de Jealsa.

Hoxe en día, a compañía está integrada por 23 sociedades, agrupadas en 4 áreas de actividade:

  • Alimentación
  • Pesca e Servizos
  • Economía Circular
  • Enerxía

1) ALIMENTACIÓN

Conservas de Peixe e Marisco

Grazas á nosa aposta pola diversificación e a innovación chegamos a ser a primeira conserveira española e a segunda de Europa. Ademais de producir as nosas propias marcas como Rianxeira, Escurís, Mare Aperto ou Robinson Crusoe, somos fabricantes de recoñecidas marcas de distribución, tanto en España como a nivel internacional.

Meal Solutions

Solucións culinarias a medida, enfocadas xeralmente á hostalería e grandes grupos de catering. Productos elaborados a base de atún (hamburguesas, nuggets, filetes) e doutros produtos do mar.

Pet Select

Durante os últimos 20 anos temos estado a traballar para desenvolver comidas saudables e naturais para mascotas. Ademais de producir as nosas marcas DogSelect e CatSelect, somos fabricantes de recoñecidas marcas internacionais.

2) PESCA E SERVIZOS

Sant Yago
2 atuneiros e 1 barco auxiliar. Operan no Atlántico.

Fripusa*
Accionista principal. 10 cámaras frigoríficas con capacidade para almacenar 8.000 Tn.

* [Empresa Participada]

3) ECONOMÍA CIRCULAR

Como base da construción dun futuro sustentable para todos, en Jealsa desenvolvemos unha estrutura de Economía Circular para fraccionar e illar os diferentes principios activos nas nosas materias primas. Unha vez chega o peixe ás nosas instalacións, é unha cuestión de responsabilidade buscar o seu máximo aproveitamento.

En Jealsa só empregamos partes moi seleccionadas do peixe para as nosas conservas. E os residuos restantes son utilizados enteiramente para outras actividades. Esta materia prima vai destinada a varias empresas da Corporación como Pet Select, Conresa e Valora Marine Ingredients. Alí a materia prima é transformada en produtos de alta calidade para industrias tan dinámicas como a farmacéutica, a cosmética, a acuícola, a alimentación de mascotas e mesmo a de ingredientes funcionais.

O feito de ser o principal xerador das materias primas que consomen as nosas filiais permítenos dispoñer dun rigoroso sistema de trazabilidade que facilita adecuarnos ás máis altas esixencias de todos e cada un dos nosos clientes e á estrita normativa vixente en materia de seguridade alimentaria.

Grazas ao noso ecosistema de valorización e á aplicación de técnicas de Biorefinería mariña logramos aproveitar o 100% do peixe que chega ás nosas instalacións e utilizamos na fase de industrialización tan só tecnoloxías respectuosas co produto e o medio ambiente.

4) ENERXÍA

Contamos con dúas plantas de Coxeración [Boinersa e DDR] e diferentes participacións en proxectos de enerxía eólica.

  • Eólica de Graiade
  • Engasa – Eólica*
  • Enerxías Especiais de Careón*
  • Enerxías Especiais de Peña Armada*
  • Transantartic Enerxía

* [Empresas Participadas]

Instalacións industriais:

  • Boiro [A Coruña – España]
  • Pobra do Caramiñal [A Coruña – España]
  • Puerto Quetzal [Guatemala]
  • Puerto Montt [Chile]
  • Fortaleza [Brasil]

Delegacións comerciais:

  • Madrid [España]
  • Matosinhos [Portugal]
  • Génova [Italia]
  • Santiago [Chile]
  • Fortaleza [Brasil]

DATOS ECONÓMICOS

Cifra de negocio ano 2018: 639 MM de €

Emprego: 4.600 traballadores [total grupo]

© Copyright - Jealsa - 95mc - diseño web
  • aviso legal
  • políticas de privacidade e cookies
Scroll to top