
En 1958 un emprendedor home de negocios, Don Jesús Alonso Fernández, creou a conserveira que levaba o seu nome e que en 1974 pasou a constituírse en sociedade anónima co nome de Jesús Alonso, S.A. (Jealsa). A fábrica de Boiro é a sede central e está considerada por moitos expertos como unha das máis modernas do mundo. Aquí centralízase o proceso de elaboración de conservas de atún, contando coas principais certificacións de calidade e cumprindo os estándares internacionais de sostibilidade. A día de hoxe, e grazas á aposta pola diversificación e a innovación, Jealsa chegou a converterse no primeiro fabricante de conservas de España e o segundo de Europa. [+info]
SUSTENTABILIDADE
O obxectivo de Jealsa como empresa comprometida coa sociedade e o medio ambiente é establecer directrices que garantan que a materia prima procede da pesca responsable, apoiar actividades encamiñadas á conservación dos recursos mariños e colaborar con proxectos sociais onde están os nosos centros. Ademais, creamos a iniciativa We Sea o noso programa de Responsabilidade Social Corporativa que engloba todos os esforzos da compañía nas áreas de sustentabilidade e responsabilidade social.
O NOSO MERCADO
Actualmente o Grupo divide a súa actividade en 4 áreas: Alimentación (Conservas e Meal Solutions), Pesca e Servizos, Pet Food e Enerxía.
AS NOSAS MARCAS
Aválannos máis de 60 anos traballando ao servizo do consumidor.
ÚLTIMAS NOVAS
Descobre as últimas noticias sobre Jealsa e síguenos nos nosos perfís sociais.
CONTACTO
Estas son as vías para que te poñas en contacto connosco. Estamos presentes en varios países e actualmente a compañía está integrada por 26 sociedades. Para calquera dúbida, información ou suxestión, escríbenos a info@jealsa.com.