Jealsa conta con Frota Atuneira propia a través de Sant Yago, a nosa empresa armadora, propietaria de dous barcos atuneiros (Sant Yago Uno e Sant Yago Tres).

A conservación dos océanos e os seus ecosistemas é unha das nosas maiores preocupacións. Por iso, formamos parte de asociacións medioambientais, como ISSF (International Seafood Sustainability Foundation), que fomentan a pesca responsable.

Os nosos barcos operan no Océano Atlántico e dedícanse á pesca principalmente de atún listado (Katsuwonus pelamis), atún de ollo grande ou patudo (Thunnus obesus) e atún claro (Thunnus albacares).

Sant Yago Uno

Sant Yago Tres