Os traballadores do grupo empresarial boirense luciron as súas mellores galas nunha entrañable reunión do Nadal.

Previo paso pola barbería e de domingo, incluídas gravatas, tacóns e profusión de abelorios, presentáronse ás portas do pavillón de Barraña os e, sobre todo, as traballadoras do grupo Jealsa Rianxeira para asistir á tradicional reunión do Nadal coa que lles agasalla a familia Alonso Escurís.

A caravana da avenida de Barraña e o goteo incesante de persoas andando cara ao recinto permitían anticipar o cheo que se rexistrou no polideportivo boirense para un acto que resultou especialmente emotivo polas palabras do presidente de honra, Jesús Alonso, e da súa esposa Pura Escurís, e pola implicación do persoal nos vídeos que se proxectaron.

En canto ás intervencións, tras escoitar ao presidente de Jealsa Rianxeira, Jesús Manuel Alonso, dando conta dos bos resultados económicos, tomou a palabra, ante un auditorio que enmudeció para escoitarlle, Jesús Alonso. Recoñeceu que o paso dos anos afecta nel, pero mostrouse contento e emocionado por compartir un Nadal máis cos seus empregados, a quen deu as grazas «de corazón. Si a xente de Boiro non fóra tan traballadora, nós non seriamos o que hoxe somos».

Entre discurso e discurso, proxectáronse vídeos. O primeiro intercalaba imaxes de traballadores coas de nenos que se forman nas categorías basee dos equipos patrocinados polo grupo, mentres que noutro os empregados de Jealfer marcáronse un divertido mannequin challenge.

Fuente: La Voz de Galicia

VOLVER