POLÍTICA DE SOSTIBILIDADE E COMPROMISO DE RESPONSABILIDADE SOCIAL

No Grupo Jealsa Rianxeira sempre tivemos moi presente que o noso crecemento e consolidación como empresa pasan pola internacionalización do noso modelo empresarial, caracterizado pola integración do pleno respecto dos dereitos humanos, a explotación sostible dos recursos, a responsabilidade ambiental, o constante apoio ás enerxías renovables e o desenvolvemento social e económico das localidades e países nos que está presente.

Ademais, Jealsa Rianxeira é unha empresa participante na ISSF (International Seafood Sustainability Foundation), cuxa misión é levar a cabo accións baseadas na ciencia que garantan a sostibilidade dos recursos mariños a longo prazo e a saúde do ecosistema. Por iso a nosa política de compra sostible está baseada nos criterios desta Fundación, a Lexislación Internacional, o Código de Conduta da FAO e o Código Europeo de Prácticas Pesqueiras Responsables.

Como parte implicada e sendo fieis á esixencia que poñemos en todo o noso labor, seguimos unha serie de normas para cumprir coa nosa política de sostibilidade:

  • Colaboramos activamente cos equipos científicos das ORP (Organizacións Pesqueiras Rexionais) facilitándolles regularmente información sobre as nosas compras de atún. Tódo los buques que nos subministran están rexistrados nas listas autorizadas das ORP e abandeirados nos países membro / cooperantes.
  • O 100% do noso atún procede de buques rexistrados no PVR (Proactive Vessel Register), teñen un número IMO (número emitido pola Organización Marítima Internacional) e contan con observadores independentes. Ademais, os patróns destes atuneiros reciben formación continua nas prácticas pesqueiras sostibles.
  • Non compramos nin comercializamos atún procedente de pesca IUU (pesca ilegal non declarada nin regulamentada) e loitamos contra este tipo de actividades.
  • Ademais de estar prohibidas, reprobamos e condenamos o uso das redes deriva e baixo ningún concepto compramos atún capturado por este procedemento.
  • Prohibimos o Shark Finning e por tanto non levamos a cabo operacións con empresas ou barcos que o practiquen e/ou non dispoñan dunha política que o prohiba.
  • Non compramos atún procedente de transbordo en alta mar e tampouco permitimos o descarte.
  • Controlamos a trazabilidade desde a zona de pesca ata o consumidor final.
  • Como toda a comunidade científica, cremos que para manter as poboacións de atún en niveis saudables, a capacidade pesqueira non debe aumentar, polo tanto, apoiamos plenamente a resolución do ISSF a este respecto.

Para máis información sobre o compromiso da Responsabilidade Corporativa e as normas de Compra Sostible do Grupo Jealsa Rianxeira, podedes descargar aquí as nosas Políticas de Sostibilidade, Calidade e Medio Ambiente e consultar o informe da última auditoría de MRAG Americas que verifica o cumprimento das resolucións da International Seafood Sustainability Foundation.

Sostibilidade, Calidade e Medio Ambiente
Informe MRAG Americas