JEALSA RIANXEIRA S.A.U.

O Grupo Jealsa Rianxeira S.A.U. é unha empresa galega fundada en 1958 con sede central en Boiro (A Coruña – España), dedicada á fabricación e á comercialización de Conservas de Peixes e Mariscos. Nestes máis de 50 anos de historia foron moitos os logros atinxidos pola conserveira galega. A innovación e a aposta pola diversificación da empresa son os dous eixes principais sobre os que se asenta o crecemento de Jealsa Rianxeira.
Hoxe en día, a compañía está integrada por 26 sociedades, agrupadas en 4 áreas de actividade:

  • Alimentación
  • Pesca e Servizos
  • Medio
  • Enerxía

1) ALIMENTACIÓN

Conservas de Peixe e Marisco

Grazas á nosa aposta pola diversificación e a innovación chegamos a ser a primeira conserveira española e a segunda de Europa. Ademais de producir as nosas propias marcas como Rianxeira, Escurís, Mare Aperto ou Robinson Crusoe, somos fabricantes de recoñecidas marcas de distribución, tanto en España como a nivel internacional.

Meal Solutions

Solucións culinarias a medida, enfocadas xeralmente á hostalería e grandes grupos de catering. Productos elaborados a base de atún (hamburguesas, nuggets, filetes) e doutros produtos do mar.

Pet Select

Durante os últimos 20 anos temos estado a traballar para desenvolver comidas saudables e naturais para mascotas. Ademais de producir as nosas marcas DogSelect e CatSelect, somos fabricantes de recoñecidas marcas internacionais.

2) PESCA E SERVIZOS

Sant Yago
2 atuneiros e 1 barco auxiliar. Operan no Atlántico.

Fripusa*
Accionista principal. 10 cámaras frigoríficas con capacidade para almacenar 8.000 Tn.

*Empresas Participadas

3) MEDIO

Jealsa Rianxeira S.A.U. forma parte da International Seafood Sustainability Foundation (ISSF).

ISSF é a unión entre industria, ciencia e WWF (Fondo Mundial para a Natureza). A súa misión é levar a cabo iniciativas de sostibilidade baseadas na ciencia cuxo obxectivo é preservar a sostibilidade dos recursos mariños e a saúde do ecosistema a longo prazo. Somos das poucas industrias del sector que conta cunha planta depuradora, única no seu xénero, que non implica ningún proceso químico e nos permite tratar as augas residuais de forma respectuosa co medio. Como consecuencia do noso interese polo respecto do medio e o aproveitamento dos residuos xerados, xurdiron, así mesmo, dúas sociedades que poñen en valor estes subprodutos:

Conresa: Produción de FISH MEAL en base a produtos derivados do proceso de atún.
Valora: Produción de FISH EXTRACT e xelatina en base a produtos derivados do proceso de atún.

4) ENERXÍA

Contamos con dúas plantas de Coxeración [Boinersa e DDR] e diferentes participacións en proxectos de enerxía eólica.

  • Eólica de Graiade
  • Engasa – Eólica*
  • Enerxías Especiais de Careón*
  • Enerxías Especiais de Peña Armada*
  • Transantartic Enerxía

* Empresas Participadas

Instalacións industriais:

  • Boiro [A Coruña – España]
  • Pobra do Caramiñal [A Coruña – España]
  • Puerto Quetzal [Guatemala]
  • Puerto Montt [Chile]
  • Fortaleza [Brasil]

Delegacións comerciais:

  • Madrid [España]
  • Matosinhos [Portugal]
  • Génova [Italia]
  • Santiago [Chile]
  • Fortaleza [Brasil]

DATOS ECONÓMICOS

Cifra de negocio ano 2016: 576 MM de €

Emprego: 4.000 traballadores [total grupo]