ENERXÍA E ECONOMÍA CIRCULAR

Jealsa, a través de JEALSA ENERGÍA desenvolve, constrúe e opera proxectos de enerxía renovable en España e Chile. A actividade da nosa división enerxética está sempre ligada ás actividades industriais do grupo.

Parque Eólico “San Pedro I” (Chile)

A nosa entrada no sector eléctrico produciuse no ano 1997. Actualmente temos en España participacións en varios proxectos eólicos (90 MW) e en plantas de coxeración (35 MW) e en Chile un Parque Eólico “San Pedro I” na comuna de Dalcahue (Castro-Illa de Chiloé) de 36 MW, estando a traballar xa na súa ampliación, e sempre baixo os máis altos estándares sociais, ambientais e tecnolóxicos.

Parque Eólico “Graiade” (España)

Como consecuencia tamén do noso interese no respecto da contorna e o máximo aproveitamento dos residuos xerados, contamos con 2 sociedades: Conresa, industria que elabora fariña e aceites de peixe e Valora Marine Ingredients, a nosa iniciativa inspirada no mar e os seus recursos, que ofrece produtos de orixe natural a industrias sumamente dinámicas como a farmacéutica, nutricional ou cosmética entre outras.

Falar de Valora Marine Ingredients é falar de sustentabilidade. Baixo o concepto xaponés Mottainai que busca a racionalización e uso integral dos nosos recursos aproveitamos o 100% do peixe que chega ás nosas instalacións, eliminando o concepto de subproducto e excluíndo externalidades que se xeraban noutros procesos produtivos.

Na actualidade a totalidade das nosas materias primas proveñen de orixes que nos permiten controlar a trazabilidade desde a pesca ata o consumidor final.