No ano 2000 Jealsa constituíu Mare Aperto, unha sociedade froito do acordo de colaboración coa multinacional italiana Star para a comercialización de conservas de atún no país transalpino. Desde ese día a marca Mare Aperto é o seu buque insignia neste país e un paso máis de Jealsa para consolidarse como primeira firma do sector en produción de conservas de peixe en Europa.